Reunión coa concelleira de educación

Á reunión de hoxe asistiu a concelleira de educación, representantes das ANPAs e os directores dos 3 colexios afectados da zona (Sofía Casanova, Isaac Díaz Pardo e Ría do Burgo). Na reunión expuxéronse os problemas detectados no servizo de catering. Na reunión conseguiuse o compromiso da concelleira de educación en enviar un escrito á Xunta traslandando as queixas notificadas polas ANPAs e polos directores dos distintos centros educativos.

Esperemos que estes pasos nos axuden a subsanar o antes posible a situación actual do comedor. Cando teñamos máis información relevante seguiremos informando.

Advertisements

Actividades extraescolares

Debido ó número elevado de inscricións nalgunhas das actividades propostas decidiuse abrir outros grupos para facilita-lo acceso a ditas actividades por parte dos nenos. Así mesmo, canceláronse outras pola falta de nenos anotados a elas (Axedrez, Ioga, Teatro, Nenoos Junior e Master) ainda que as listas permanecerán abertas. Desta maneira quedaría o calendario de actividades unha vez resoltos estos temas, e as listas de admitidos en cada unha das actividades.

Luns Martes Mércores Xoves Venres
16:00 – 17:00 CAPOEIRA I BAILE II CAPOEIRA I BAILE II LUDOTECA
COCINA II B INGLÉS I A COCIÑA II A PREDEPORTE NENOOS MINI
JUDO I LUDOTECA INGLÉS I B LUDOTECA
LUDOTECA INGLÉS II B JUDO I INGLÉS II B
TALLER DE ARTE II LUDOTECA
17:00 – 18:00 INGLÉS II A BAILE I COCIÑA I BAILE I LUDOTECA
JUDO II LUDOTECA INGLÉS II A LUDOTECA
LUDOTECA JUDO II BALONCESTO
TALLER DE ARTE I LUDOTECA
18:45 – 19:30 NATACIÓN

As actividades comezarán o 1 de Outubro sen periodo de proba (confirmado cos monitores). Os pagos realizaranse MENSUALMENTE os 10 primeiros días do mes (tamén se poden adiantar os pagos trimestral ou anualmente). As baixas deberán ser notificadas o mes anterior a excepción deste primeiro mes que permitiranse modificacións ou baixas ata este venres.

As listas de admitidos en cada unha das actividades serán publicadas no taboleiro da Anpa dende mañá.

NOTA IMPORTANTE: Estade atentos á lista porque algúns dos nenos admitidos teñen información pendente de cubrir na solicitude de alta que é necesaria para formalizar a inscrición definitiva.

Incidencias detectadas no comedor do colexio II

Estimados pais e nais, despois do axetreado día de onte, vos informamos dos pasos dados pola Anpa en relación ás deficiencias detectadas no comedor:

1. Para facer constar a situación tanto no Concello de Culleredo como na Xunta de Galicia, redactouse un escrito expoñendo as deficiencias comunicadas en relación ó servizo, e solicitando a subsanación destas deficiencias cun plan de actuación que permita dispor dun servizo e dunhas infraestructuras adecuadas para a alimentación, hixiene e saúde dos nenos do noso colexio. Vos poñemos aquí algúns dos puntos expostos no escrito:

  • Que dende o inicio do curso, a comida non está sendo suficiente para os aproximadamente 300 nenos do comedor. Ó principio achacouse á posta en marcha, pero xa van días que quedan nenos sen parte importante do menú.
  • Que a comida vén fría e os dous pequenos fornos que hai na cociña non chegan para quentala en condicións.
  • Que xa van anos que os país veñen informando sobre o pouco espazo dispoñible no comedor, o cal se acentúa mais agora, dada a necesidade de ter máis fornos e de requerirse dun espazo para gardar a vaixela.
  • Que a comida está chegando en malas condicións, sendo o día mais destacado o pasado luns 28 de setembro, cando chegou o primeiro plato en mal estado, e grazas ó persoal do comedor que o detectou, non houbo incidencias maiores.
  • Que a vaixela está sucia en moitas ocasións, por exemplo o día 28 de setembro os propios nenos tiveron que limpala con servilletas.
  • Que a comida sérvese fría e incluso crúa moitas veces, pedindo moitos nenos máis comida ó sair do comedor.
  • Que xa puxemos en coñecemento da empresa as queixas, e que o director do colexio tamén fixo o mesmo coa Xunta de Galicia.
  • Que ante estas graves deficiencias, os pais e nais levaremos a cabo as accións pertinentes ate a subsanación total da situación, incluíndo as reclamacións ou denuncias ante os organismos competentes pola deficitaria situación de hixiene, alimentación e de saúde en xeral.

2. Falouse con membros do Concello de Culleredo e mañá mesmo, membros da Anpa asistirán a una reunión na que o Concello convoca ós directores dos colexios e os presidentes dos correspondentes Anpas.

3. Falouse tambén coa empresa responsable do servizo, que tamén convocou ás Anpas dos respectivos colexios a unha reunión no colexio Ría do Burgo

Polo de agora estamos á espera do que nos indiquen nestas reunións para valorar cales serían os próximos pasos a dar.

Incidencias detectadas no comedor do colexio

Estimados pais e nais do Sofía Casanova, este comezo de curso están sendo moitas as tarefas que requiren da nosa atención. Sabemos que estades agardando o calendario definitivo de actividades extraescolares e estamos traballando con cada monitor para confirmar os grupos definitivos. Mañá o publicaremos no blog e no taboleiro da Anpa.

Queremos informarvos de que estamos ó tanto das situacións que se veñen dando dende o inicio de curso, en relación ás deficiencias detectadas no servizo do comedor prestado pola nova adxudicataria do servizo de catering, e que dende fai uns días, estamos reunindo toda a información posible sobre os feitos para poder coordinar, co voso apoio, os pasos que estimemos oportunos para poñer solución a esta situación o antes posible. Neste senso, agardamos recoller tódolos vosos comentarios, suxerencias, denuncias ou calquera situación que queirades compartir con nos. Esta información será moi útil para poder informarvos da evolución do problema e dos pasos que se vaian dando para a súa subsanación. Seguiremos informando

Concurso de debuxo

certame_debuxoFertiberia celebra XIX Certame de Pintura Rural Infantil. Aquí podedes encontrar as bases do certame. O concurso está dirixido a nen@s de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria, a debuxo debe estar relacionado co medio agrícola.
Dende o ANPA animámosvos a que participedes, hay premios para os nenos e nenas, o centro e o ANPA.
Os debuxos deben ser entregados na oficina do ANPA ou en conserxería, a data límite é o 23 de Outubro, para que podamos envialos. Debedes indicar o nome completo e apelidos.
É moi importante que leades as bases do certame, xa que indican o formato e medidas do debuxo, así como as técnicas recomendadas.
Moito ánimo que seguro que temos moitos artistas entre os cativos do noso colexio!!!