NOVO CEIP EN CULLEREDO XA!!!

De todos é coñecida a masificación e carencias de prazas no ensino de Culleredo, o que determinou a necesidade da construcción dun novo CEIP con liñas de infantil e primaria no noso concello. Xa están dispoñibles os terreos cedidos polo Concello e aprobada a partida orzamentaria por parte da Xunta.

Dende as ANPAS dos centros de ensino de Concello de Culleredo, CEIP Sofia Casanova, CEIP Isaac Diaz Pardo, CEIP Ria do Burgo, CEIP Tarrio e IES Blanco Amor esiximos que este proxecto se orzamente nunha soa anualidade e non en tres como está publicado no proxecto de orzamento da Xunta. É imprescindible que o colexio estea rematado para o curso  2016/17, e posible, acolléndonos a lei de contratos que posibilita reducir á metade os prazos en caso de declaración de urxencia.

Por todo isto os firmantes solicitan dita declaración de urxencia para a construcción do novo CEIP

https://www.change.org/p/goberno-da-xunta-de-galiza-novo-ceip-en-culleredo-xa?recruiter=393934020&utm_source=share_petition&utm_medium=copylink

Advertisements

O noso centro na actualidade dos medios e do Parlamento

La Asociación de Nais e Pais (ANPA) del CEIP Sofía Casanova de Vilaboa celebran el compromiso adquirido por la Xunta para ampliar el comedor. La Consellería de Educación, según informó ayer el ANPA, ejecutará las obras este curso, probablemente durante las vacaciones de Semana Santa, aunque no descartó realizarlas en Navidad. Además de la ampliación del comedor, los trabajos serán aprovechados para que el centro disponga de archivo y almacén. La asociación de padres también se mostró conforme con los comentarios aportados desde la Xefatura Territorial sobre los planos del colegio en relación a la reubicación de la oficina del ANPA con acceso directo desde fuera o en relación al aprovechamiento del escenario, que ya cuenta con una cortina, como vestuario del personal del comedor. “Confiamos plenamente en haber conseguido una mejora muy demandada y muy importante para los niños”, destaca en ANPA.

Renovación del comedor. El jefe territorial de la Consellería de Educación en A Coruña, Indalecio Cabana, se comprometió a ampliar el comedor del colegio Sofía Casanova de Culleredo, donde se había servido caldo en mal estado, a lo largo de este curso. Posiblemente las obras se harán en Semana Santa, aunque no descarta que los trabajos puedan acometerse ya durante las vacaciones de Navidad. Los responsables del ANPA del centro confirmaron que ya han entregado la documentación requerida «para tramitar a solicitude coa máxima celeridade, co compromiso de executar a obra neste curso». El portavoz de los padres, Xabier Ferreiro, indicó que se trata «dunha boa noticia» y que los padres disponen ya de los planos de las obras que afectarán a la casa del conserje situada anexa al actual comedor. De esta forma, tan solo habrá que tirar un tabique que separa las dos estancias y acometer alguna pequeña mejora. El espacio de comedor pasará así de los 134 metros cuadrados actuales a unos 234. Desde este ANPA también confirmaron que Serunión seguirá dando servicio a este centro hasta el mes de enero. La Xunta también valora la petición del colegio Portofaro de Cambre para ampliar el comedor, donde ayer tan solo se produjo una pequeña incidencia, ya que se cambió la pasta prevista en el menú por arroz.

Na replica ao conselleiro o parlamentario do BNG leu unha denuncia formulada pola AMPA dun centro galego cuxo cátering foi concedido pola Xunta á empresa Col-Servicol que dende o inicio do curso o servizo “non está sendo suficiente para os 300 nenos do comedor que deben xantar en dúas quendas, non poden lavar os dentes.Hai nenos con dietas especiais que non están a ser atendidos por no dispor da comida requirida véndose obrigados a xantar na súa casa, a comida chega fría e os dous forniños son insuficientes para quentala, a comida chega en malas condicións e a vaixela en moitas ocasións esta sucia”. Esta denuncia, dixo, foi posta en coñecemento ante a empresa, o colexio e a Consellería de Educación.

Para o BNG, dixo o deputado “non é normal” traer a comida dende 1.000 Qm a 2.75 euros o menú, pagando persoal e transporte. Con estes custes, afirmou, “non se pode dar boa comida” polo que reclamou a “xestión directa” nos comedores escolares con produtos próximos a nós, “peixe,leite, verduras, carne…produtos galegos de calidade e creando postos de traballo no noso país”.

Compromiso para a ampliación de comedor neste curso

Pois o fin podemos dar a boa nova da tan agardada ampliación do comedor. Tras varios cursos de peticións das nais e pais do noso colexio, e a intensa dedicación a este tema por parte da ANPA nos primeiros meses deste curso, a pasada semana conseguimos ter un compromiso de tódalas partes implicadas. Vos damos os detalles que explicamos na reunión de onte coas nais e pais do colexio, xunto a outros temas que tamén lles contamos o luns en primicia claro, pois ir ás reunións ten que ter algún premio (tamén para nos que foi unha satisfacción escoitar os vosos aplausos despois de tan intenso traballo).
Ampliación do comedor comprometida para este curso
O luns da semana pasada tivemos unha reunión co Xefe Terrotitorial, Indalecio Cabana, e un membro da asesoría legal da Xefatura Territorial da Consellería de Educación. A reunión foi promovida pola FEDAPA para poder expoñer as queixas sobre o servizo dos comedores, e ademais do vicepresidente da FEDAPA asistiron a vicepresidenta da ANPA do Portofaro, de Cambre, e o presidente da ANPA do noso centro, como representación de Culleredo.
Na mesma reunión se levaron os papeis requeridos pola Xefatura, carta do consello escolar e certificado co acordo plenario, e se confirmou que xa tiñan todo o necesario para tramitar a solicitude coa máxima celeridade, co compromiso de executar a obra neste curso, posiblemente Semana Santa e incluso sen descartar o Nadal. Tamén se levaron os planos da planta baixa do colexio sobre os que dende a Xefatura nos fixeron unhas observacións que nos pareceron axeitadas, de tal xeito que o mércores xa as compartimos nunha reunión co director do centro para informar das boas novas e para notificarlle os pasos que daría a Consellería. Ese mesmo día, tras consensualo co director do centro, enviamos dende a ANPA un correo á Xefatura con copia ó director para confirmar que as observacións nos parecían ben. Copiamos aquí esa parte do correo para que teñades a información completa, como sempre vimos facendo:
“Como xa consta no escrito remitido dende o consello escolar, a iniciativa da petición deste espacio é fundamentalmente que o servizo de comedor garanta as condicións requeridas independentemente da modalidade de servizo de comedor que se estableza cada ano das que contempla a Consellería de Educación (catering basado en servizo de comida fría, catering basado en servizo de comida quente, cociña propia xestionada pola consellería ou pola Anpa, etc). Incluso unha vez que se fai a obra, e dados os metros adicionais cos que se contaría, o espazo resultante non debería ser un impedimento no caso de que se decidise obtar por un so turno de comedor. Tamén se inclúe no escrito do consello escolar aproveitar a obra para dispor de arquivo e almacén, e os comentarios aportados dende a Xefatura Territorial na reunión do luns sobre os mesmos planos do colexio en relación á reubicación da oficina da Anpa con acceso directo dende fora ou en relación ó aproveitamento do escenario, que xa conta cunha cortina, como vestuario do persoal do comedor, nos parecen por ambas partes tamén axeitados.”

Despois da reunión falamos por teléfono coa Concelleira de Cultura, Carmen Varela, para informala dos pasos indicados dende a Xefatura Territorial e para solicitar a súa colaboración para a celeridade tanto na publicación no BOP como para retirar, previamente á obra, os materiais ubicados na casa do conserxe. A resposta foi positiva para colaborar en ámbolos dous puntos, e acordamos enviarlle por correo a solicitude ó día seguinte como así fixemos.

Así pois e en resumo, o primeiro paso inminente (estaremos encima delo), é a notificación da Xunta ó Concello para facer a desafectación da vivenda. Seguidamente o Concello o publicará no BOP, durante 20 días por si hai alegacións, para pasar despois a que a Unidade Técnica da Consellería deseñe e execute a obra coas garantías e premura posible.
Non o daremos por feito ata velo, pero dende logo ter o compromiso de tódalas partes en que se faga neste curso é unha moi boa nova, e pola nosa parte confiamos plenamente en ter conseguido unha mellora moi demandada e moi importante para os nenos do noso colexio. Para que vos fagades unha idea aproximada, algunha nai e pai arquitectos ós que lles pedimos axuda nos fixeron as seguintes estimacións sobre os planos: o comedor actual son uns 134 metros cuadrados, dos cales uns 21 metros cuadrados os ocupa o escenario, así que falamos dunha superficie actual para o comedor de 113 m2. Coa casa abandonada do conserxe se pasará a unha superficie útil de mais 234 m2 (máis do doble da usada actualmente).
Outros temas tratados sobre o comedor
– vos incluimos unha reportaxe do Metropolitano deste mes que xa está dispoñible nas rúas, que trata os comedores e o caso do noso centro. O podedes descargar aquí
– A empresa Serunión dará ó servizo ate polo menos o mes de xaneiro. Despois a Xunta sacará o concurso, en principio co mesmo pliego de condicións. As nosas preguntas e obxeccións presentadas na reunión coa Xefatura Territorial e que agardamos se teñan en conta son: evidencia de falla de supervisión; baremo por precio e non de calidade (50 puntos por precio fronte a 20 por variedade e rotación de menús ou 15 por persoal adorado a labores de atención); ¿por qué o prezo fijado é de 4,5 € si o coste máximo foi inferior, e por exemplo no noso centro foi de 2,75 €? ¿Subvencionan certos pais parte do servizo en lugar da Xunta? ¿pagamos prezo como os de calidade e temos precariedade?; ¿porque o decreto da Xunta contempla comedores xestionando e pola Consellería ou por Anpas pero as segundas teñen moita menos axuda e polo tanto presos moito mais altos? . Ademáis das obxeccións e preguntas, fixemos as seguintes suxerencias que trasladará á Consellería, entre outras suxerencias mais, a Confapa de cara ó inminente concurso: menos peso o prezo; incluir criterios de calidade obxectivos como a cercanía das cociñas (importante a distancia e tempo na cadea de frío, e o feito de que a Xefatura Territorial non pode inspeccionar unha cociña en Málaga pero sí en Galicia); que ós pais poidan acceder dalgunha forma a supervisión do que comen os seus fillos sen depender da vontade do encargado, que coa actual normativa podería negalo incluso co respaldo do consello escolar; que para os colexios de Culleredo e incluso de Cambre, se analice a viabilidade dun modelo basado nas cociñas e instalación da Laboral
– estamos xestionando coa FEDAPA unha visita á cociña de Serunión en Bergondo na que nos informaran de toda a cadea de producción e procesado da comida ate ser servida nos colexios
Outros temas de infraestructuras do colexio tratados na reunión do luns coas nais e pais
a) zona de xogos e areeiro. Tras ás sucesivas consultas polo tema do areeiro entre outras peticións ó Concello, a proposta que van facer é a da Renovación do parque infantil por 30.111,89 € e o saneamento no colexio por 22.207,86 €. Todavía non temos planos pero é posible que se traslade o areeiro de sitio ou incluso que se elimine. A nosa proposta é que teñan en conta nos planos a opinión dos mestres de infantil. Tedes mais información relacionada con esto aquí: “Culleredo aprobará hoy destinar 1,5 millones a obras en colegios y servicios básicos

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2015/11/25/culleredo-aprobara-hoy-destinar-1/1017138.html?utm_source=rss”

b) problemas de climatización do edificio novo de infantil. Tras manter unha reunión co BNG de Culleredo, este incluirá unha enmenda sobre os orzamento sea Xunta para que se millore esta situación tamén demandada por todos dende fai tempo

Os que viñestes á reunión sabedes que falamos de mais cousas, e as iremos contando por aquí tamén, pero por hoxe xa escribimos moito e pensamos que o mais importante e agardado xa o tedes aquí. Lembrade esto como exemplo de que ás veces as cousas sí se conseguen, pero é importante a nosa participación esixindo que se fagan….incluso as evidentes.

Taller de cociña navideña para inscritos na actividade

Estimadas familias:

Informamos que os nenos e nenas inscritos na actividade de cociña o 21 de decembro terán un taller gratuito de cociña navideña en Os Pitiños (C/ Francisco Largo Caballero, local D) a data límite para reservar praza será ata o luns 14 de decembro.

Faranse dous talleres, un para infantil no horario de 17:00-18:00 e de 18:00-19:00 para primaria. O límite de praza será como máximo 15 por cada grupo ata agotar as prazas.

Para inscribirse deberase enviar un mail a info@ospitinos.com co nome e apelidos do nen@ e o día e horario o que vai o curso de cociña.

Plataforma en defensa do ensino público

caRTAZ copia v02-1A PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA, DA QUE FORMAMOS PARTE POR MEDIO DE CONFAPA-GALICIA (Federacións Provinciáis de ANPAS de Centros Públicos da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra) CONVOCA UN DEBATE-COLOQUIO COS PORTAVOCES DOS GRUPOS PARLAMENTARIOS DO PARLAMENTO DE GALICIA.

Co título “Perspectivas da Educación en Galicia“, a Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, organiza un Acto Público, en formato de debate-coloquio, cos portavoces parlamentarios do PP, PSOE, AGE e BNG.

O acto será moderado por Mariló Candedo, presidenta do movemento de renovación pedagóxica “Nova Escola Galega” e vicedecana da Facultade de Ciencias da Educación da UDC.

Este acto público, será o vindeiro xoves, 26 de novembro, ás 18:30 horas, en Santiago de Compostela, na Facultade de Ciencias da Educación da USC, (Campus Vida).