NOVA PLATAFORMA DE REIVINDICACIÓNS PARA O SECTOR EDUCATIVO

A Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais do Alumnado, CEAPA, nos fai chegar este comunicado no que informa da posta en marcha da súa nova PLATAFORMA DE REIVINDICACIÓNS PARA O SECTOR EDUCATIVO, que canalizará as que se demanden o novo Governo tralas Eleccións do día 20 de decembro.

Aquí tedes mais información:

https://www.ceapa.es/content/nueva-plataforma-de-reivindicaciones-para-el-sector-educativo

Advertisements

Los números de 2015

Los duendes de las estadísticas de WordPress.com prepararon un informe sobre el año 2015 de este blog.

Aquí hay un extracto:

La sala de conciertos de la Ópera de Sydney contiene 2.700 personas. Este blog ha sido visto cerca de 14.000 veces en 2015. Si fuera un concierto en el Sydney Opera House, se se necesitarían alrededor de 5 presentaciones con entradas agotadas para que todos lo vean.

Haz click para ver el reporte completo.

Licitación da Xunta para a construcción do novo CEIP

Finalmente a construcción do novo CEIP non se fará coa urxencia que tentaron promover as Anpas de Culleredo coa presentación das 1.000 firmas recollidas dúas semanas antes do pleno no que se trataron os orzamentos da Xunta para o ano que ven, celebrado o pasado 22 de decembro.

O DOG publicou o pasado 23 de decembro o anuncio do departamento educativo autonómico sobre a licitación do contrato para a construcción do novo CEIP. O departamento asegurou que o seu obxectivo é que “pueda abrir sus puertas para el curso 2017-2018”. Terá capacidade para 450 alumnos e rondará os 3.000 metros cuadrados, contando con 6 aulas de infantil, 12 de primaria, 4 aulas de apoio educativo, aula de música e aula de informática, ximnasio, biblioteca e sala de usos múltiples.

Os orzamentos da Xunta contemplan unha partida de algo mais de 1,3 millóns para 2016, a maioría de fondos europeos Feder, mais uns 2 millóns en 2017 e unha partida de 800.000 euros para 2018, o que evidencia que as obras non rematarán ate o 2018, polo que, se non aparecen mais retrasos como sucedera tamén co novo instituto, non permitiría o uso do CEIP ate o menos o curso 2018-2019, mentres as nais e pais de Culleredo reclamaban a urxencia da obra para poder dispor do centro para o curso que ven, debido ó aumento poboacional do concello que tivo unha incidencia moi relevante nas plazas dos centros educativos en Culleredo, xa con aulas moi saturadas.

Pola nosa parte, xunto coas demais Anpas, seguiremos demandando a urxencia desta necesidade, que tivo o respaldo de tódolos partidos do pleno do Concello, cos que consultaremos as vías para poder dotar á obra da urxencia reclamada, ainda que polas declaracións nos diversos medios, non semella que vaiamos a ter cambios ó respecto de forma inminente.

Novas con mais información:

La Xunta licita el proyecto para construir el nuevo CEIP de Culleredo

Educación licita la redacción del proyecto para construir el nuevo colegio de Culleredo

1000 firmas das ANPAs presentadas para o novo CEIP

A pasada semana entregamos, xunto coas demáis ANPAs de Culleredo, firmas para demandar que a construcción do novo CEIP esté rematada en setembro en lugar de en 3 anualidades como recollen os orzamentos da Xunta. Esta semana voltamos a presentar dende a nosa ANPA algunhas firmas mais, que ainda se seguen a recoller en change.org e en papel (mais información en entradas anteriores do blog), para demandar esta necesidade que se contempla como posible declarando a obra de carácter de urxencia.

IMG-20151215-WA0013

Estos orzamentos se debaten nun pleno da Xunta o próximo 22 de decembro. Vos informaremos da resposta a esta solicitude que estamos a levar non so coas firmas das nais e pais, se non ós partidos do noso Concello que votaron a favor desta petición de forma unánime en pleno do noso Concello, e que teñen presenza no Parlamento de Galicia para trasladar esta necesidade urxente que  entendemos moi relevante dada a masificación dos centros de Culleredo, pola cal, tras moito insistir, se aprobou a construcción do novo CEIP.

Lamentablemente, seguimos con novas que afectan ó comedor

A continuación recollemos algunhas das novas que saíron na prensa nos últimos días:

11/12/2015
Encuentran insectos en la comida de un centro escolar de Ribeira
12/12/2015
Un colegio de Boiro también detectó insectos en la comida, servida por la misma firma que en Ribeira

13/12/2015
La empresa que sirvió comida con larvas en un colegio de Boiro dice que son inocuas

14/12/2015
Anpas da Coruña vuelven a denunciar incidentes en comedores escolares

Foi o día que visitamos as instalacións de Serunión, como vos adiantamos fai tempo (tedes un resumo mais abaixo da visita)

15/12/2015
Las AMPA exigen otros criterios para adjudicar comedores escolares

16/12/2015
Las empresas gallegas de cátering también exigen nuevos criterios para los comedores escolares

Educación abre la puerta a cambiar los criterios para adjudicar comedores escolares

Como vedes, o tema segue de actualidade, e non precisamente polos méritos do bo funcionamento dos nosos comedores escolares.

Vos poñemos a continuación o resumo da nosa participación na visita ás instalacións de Serunión o luns 14/12/2015:

Por parte da Anpa do Sofía Casanova, asistiu un representante e tamén un representante do noso Consello Escolar. Nos explicaron cómo entra a materia prima, cómo se almacena, limpa e cociña. Vimos os almacéns case todo con marcas coñecidas. Nos ensinaron as cociñas, fornos e demáis. Todo moi limpo e moi ben preparado para a visita. Cando ensinaron as cámaras de frío, as Anpas afectadas polos insectos e larvas “inocuas” comezaron a preguntar polo tipo de peixe que utilizaban para a elaboración dos menús. Dixeron que merluza arxentina, e preguntaron polo convenio firmado para utilizar peixe galego. Dixeron que na medida do posible se utilizaría, pero non sempre. A nosa impresión é que seguramente tan pouco por ser máis caro e ser o prezo de adxudicación tan axustado. Preguntouse polas famosas larvas inocuas. Ó parecer é un parásito intermuscular, pouco común. Nin sequera o distribuidor sabe moi ben cómo puido pasar. Están investigando. O das croquetas con mosquitos, tamén o están mirando. Son proveedores externos e están buscando explicacións. Engadir que esta explicación ós pais presentes non nos serviu como resposta, como puidestes leer na prensa (arriba algúns exemplos). Tampouco se comprometen a que non volte a pasar. Din que o risco 0 non existe. Aquí é onde se montou unha discusión, como podedes imaxinar. Se mostraron fotos das queixas que viñan facendo a Serunion dende setembro en Brion, con paella para 27 con 3 mexillóns e uns trociños de calamares, sopas sempre aguadas, racións de peixe que non se identifica que é peixe polo pouco que levan, etc. Se lles di que dos menús que escolleu Serunión dos propostos pola Xunta se escolleu o máis barato (croquetas de peixe, albóndigas de peixe e hamburguesas de peixe) en vez de salmón, merluza en salsa verde e bacallao.

Tedes mais información nas novas publicada ó día seguinte. En resumo, contabamos que a visita sería para dar tranquilidade e poder deixar de adicar tantos esforzos a un tema que nos tiña preocupados, pero as nosas conclusións son:

– que temos que voltar a facer supervisións no comedor, e que no seguinte Consello Escolar se trasladará a petición de que poidan asistir máis nais e pais que os 5 membros do Consello Escolar

– que temos que esixir que se respeten as cantidades de comida e a súa aportación nutricional, que semella verse reducida por reducir costes. Un plato de peixe non é un plato de peixe por poñelo nun papel, senon que debe ter a proporción suficiente do mesmo. O mesmo pasa coas cantidades de froita ou os lácteos, que se considera xa coma lácteo una bechamel e non se serve nada mais en todo o mes. Tamén se debe respetar o convenio para o uso do peixe galego, e incluso debería ampliarse a mais produtos como o lácteo, un sector que nestes momentos o precisa e ademáis, de todos é coñecida a recomendación deste grupo alimenticio para os nenos, en especial os mais pequenos que deben tomar unha cantidade mínima semanal (non sustituible por bechamel)

– que aínda que estaremos espectantes, é a Xunta quen debe garantir mais control e supervisión pois as malas novas seguen sendo constantes e graves (larvas, mosquitos, etc). Que non se entende que non apliquen nin ós seus propios pregos, pois estos dous graves incidentes (larvas un día e mosquitos outro) deberían xa supor 2 expedientes a falta de un terceiro coa consecuencia que se teña esixido nos pregos (cancelación do contrato). Que este curso se está poñendo en evidencia que o sistema de comedores actual é moi deficiente en calidade, con novas constantes como as que temos que ler as nais e pais. Actuaron tras dous meses de incidencias graves con Servicol, pero non semella unha cousa puntual dunha empresa, e o sistema de adxudicación onde se prima o precio por encima de todo o demáis xunto é algo que ate o propio sector cuestiona (ver a nova máis arriba)

– que como xa demostramos, non permitiremos seguir tendo dudas respecto á calidade da comida que se serve nos nosos comedores, e xa estamos en contacto entre as Apas de varios Concellos, e coa FEDAPA, para compartir a información e levar a cabo as accións que sexan precisas en cada momento

 

 

Festa de Nadal no colexio

Vaia día o de hoxe, estivo cheo de sorpresas para os nosos nenos e nenas. Queremos agradecer ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, os paxes, a Papá Noel e o Apalpador que viñeran darnos unha visita. Aquí vos deixamos unha mostra do acontecido

This slideshow requires JavaScript.

Este ano é a primeira vez que nos visita o Apalpador, moitos dos nenos non sabían quen era pero él mesmo o explicou. Aquí vos deixamos un conto e un vídeo para que poidades compartir cos vosos fillos e fillas e deste xeito recuperar esta tradición galega:

Conto do Apalpador

Dende o ANPA queremos desexarvos unhas felices festas e aproveitamos para dicirvos que temos dous décimos para o sorteo do Nadal. Un deles é un agasallo do colexio. Os números son:

  • 79371 (20€)
  • 99916 (20€)

boas festas