Contacontos abril

O venres día 1 de abril terá lugar a próxima sesión de contacontos en familia. Será ás 17:15 na biblioteca do bufolector, durante a sesión non se poderá entrar nin saír da biblioteca. Máis información na páxina do bufolector

contacontos abril

 

Advertisements

Campamentos urbanos de verán 2016 organizado polo Concello

Como tódolos anos o Concello de Culleredo organiza os campamentos urbanos de verán. A solicitude de praza comprenderá entre o 28 de marzo e o 4 de abril. No díptico hai dous erros que xa contrastamos co concello, trátase da data de fin dun dos periodos (remata o venres 29 e non o mércores 27 de xullo), e a data de comezo doutro periodo (comeza o luns 18 e non o martes 19):

Do 27 de xuño ao 29 de xullo (5 semanas)

Do 18 de xullo ao 29 de xullo (2 semanas)

XVII Mañás de campamento_ campamentos que concilian 2016

20160318_campamentos

 

Saída programada dos nenos de 6º

Os nenos e nenas de 6º van realizar unha saída o día 18, polo que o centro enviou a seguinte nota:

Estimadas familias:

O próximo venres día 18 realizaremos a saída programada ao Museo das Mariñas (Betanzos) e ao Pazo de Mariñán .

A saída será ás 9,15 da mañá e a volta sobre as 14 h.

Estas actividades son gratuítas. Só haberá que pagar 3 euros para o autobús, que deberán abonar, como data máxima, o xoves.

Un cordial saúdo:
Mavi e Concha

Na medida do posible, intentaremos avisar no blog/facebook de todas a saídas que se realicen no centro xa que:

  • por un lado, é bastante habitual que os nenos e nenas extravíen as notas que lles son entregadas.
  • aínda que a saída en cuestión non afecte os nosos fillos, cremos que está ben coñecer o que fan os demais cursos.

Venta de uniformes

Informarvos que recibimos unha carta de Tecelá, na que nos indican que o próximo curso 2016/2017 non van comercializar o uniforme do noso colexio.

Seguirán coa venta ata o mes de xuño e van comenzar unha liquidación dos uniformes que teñen en stock.

Dende a ANPA comezaremos a buscar un novo proveedor, cando teñamos máis información avisaremos.