Campamentos urbanos musicais

20160520_campamentos_musicais

O Concello de Culleredo lanza os seus campamentos urbanos musicais. Celebraranse en xulio e agosto. A inscrición comeza o luns 23 de maio no Edificio de Servizos Múltiples.

campamento_musical.pdf

 

Advertisements

Curso de prevención e intervención do acoso aos mozos

Hoxe recibimos a seguinte información:

O vindeiro 2 de xuño de 2016 impartirase unha formación presencial, en Santiago de Compostela, no contexto do proxecto europeo Parentnets, coordinado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A actividade centrarase no “acoso na rede, as súas consecuencias así como na súa prevención ou intervención”. É de especial utilidade para os pais e nais de alumnos, profesorado e orientadores.

Os interesados poden inscribirse na seguinte ligazón: http://www.parentnets.com/seminario . O prazo de inscrición remata o luns 30 de maio de 2016.

Pode obter máis información no enderezo electrónico: international@ribeira.org  ou nos teléfonos 986 33 22 93 e 981 546545.

Aclaramos que se trata dun curso gratuíto o que pode asistir calquera pai/nai. No formulario de inscripción non é preciso indicar o nome e a dirección da organización, pero os socios podedes poñer os datos da ANPA sen problema

 

 

 

 

Festa Fin de Curso

Este ano a festa terá lugar o venres 17 de Xuño, non se fai o último de clase porque os nenos/as de 6º van de excursión ese día e non queremos que se perdan a festa.

Como xa sabedes a festa é gratuíta para os socios da ANPA que se encontren ao corrente de tódolos pagos, incluíndo os de comisión infantil. Lembrade que os pagos das actividades deben realizarse  do día 1 ao 10 do mes.

Para asistir é necesario recoller a pulseira na oficina da ANPA do 6 ao 13 de Xuño de 9:00 a 10:00 e de 16:00 a 17:00 (é necesario ter pagado o mes de Xuño e anteriores cando veñades á pola entrada. É imprescindible que o día da festa todos os nenos teñan a pulseira posta.

Os que non son socios e queren asistir á festa, poden facelo sen problemas, pagando 10€ pola entrada na oficina da ANPA no horario que indicamos antes.

¿Qué debedes saber sobre a festa?

  • Comeza ás 16:00 no pabillón con diferentes exhibicións das actividades extraescolares.
  • Despois haberá hinchables, animación, xogos e algunha que outra sorpresiña
  • A festa inclúe a merenda dos nenos/as
  • Se o tempo o permite remataremos coa festa da espuma, recordade traer bañador, chanclas, toalla,…

Se non vas a asistir á festa, pásate igual pola oficina para recoller o teu agasallo por ser soci@ da anpa

fiestas-infantiles

 

Información uniformes

Como xa vos adiantamos Tecelá deixa de comercializar o uniforme do noso colexio no próximo curso. Xa  temos un novo proveedor:

RALPY
Ramón Y Cajal, 31 · 15006 La Coruña
981 113 026 – tienda@uniformesescolaresralpy.com

  T2 – T8 T10 – T14
CHANDAL 39,95€ 41,95€
PANTALÓN CHANDAL 16,95€ 19,95€
CHAQUETA CHANDAL 23,95€ 24,95€
FALDA 33,95€ 37,95€
SUDADERA CREMALLEIRA 22,95€ 22,95€
SUDADERA SIN CREMALLEIRA 20,95€ 20,95€
XERSEI 26,95€ 26,95€
CHAQUETA 27,95€ 27,95€
PANTALÓN BÁSICO 19,95€ 20,95€
PANTALÓN CORTO BÁSICO 16,95€ 17,95€
POLO MANGA LONGA 6,95€ 7,95€
POLO MANGA CURTA 4,95€ 5,95€
BABY 15,95€ Bordado nome +6€

Nome e apelido 6,50€

CAMISETA MANGA CURTA 3,75€ 4,75€

 

Abriranse dous plazos para efectuar as reservas dos uniformes:

  • 1º plazo: Ata o 30 de Xuño. Esta reserva poderase recoller no mes de de Setembro, a primeiros de curso.
  • 2º plazo: Do 20 de Setembro ó 15 de Outubro. Esta reserva estará dispoñible en Novembro.

 

Os socios do ANPA poderán disfrutar dos seguintes descontos:

  • Prendas deportivas (chándal e sudaderas, independentemente da talla) : 10% de desconto na segunda prenda
  • Pantalón, falda ,chaqueta e xersei de punto e baby un 5% de desconto

Os socios presentarán documentación acreditativa de pertencer a ANPA xunto co DNI que acredite que é a mesma persoa que figura como socia cando efectúe a reserva das prendas, isto farase co resgardo que aparece o remate deste arquivo adxunto, e que deberedes entregar na tenda. É imprescindible que dito resgardo vaia CO SELO DA ANPA, para iso teredes que pasar pola oficina os luns de 16:00 a 17:00 ou os mércores de 9:00 a 10:00 para que volo poñamos, ou porse en contacto coa ANPA se non poiderades vir ningún de estes dous días. No momento de facer a reserva  entregarase como sinal un mínimo do 25% do importe total do pedido.

 

Teatro no cole

O blog do bufolector anuncia que o próximo venres 27 de Maio, dentro da actividade “CONTACONTOS EN FAMILIA” o grupo “O POLO SALTÓN” da fundación Wenceslao Fernández Flórez representará a obra de Manuel María “AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA”

CARTEL TEATRO

Recordade visitar a páxina do bufolector de vez en cando!!!

http://bufolector.blogspot.com.es