Nova política nas redes sociais da ANPA

Estimadas familias, como sabedes, xa estamos a pensar no curso que ven, e por elo, estamos revisando o traballo feito, o que haberá que facer novo, as novas actividades, e todas esas cousas que vos vimos contando nas últimas reunións do curso. Pero tamén estamos revisando o que o curso pasado nos fixo perder tempo en traballo que non serviu para nada, para poder poñerlle remedio de cara o curso que ven.

Agora que estamos de vacacións (escolares ;-)), e que ninguén mais nos escoita, vos queremos contar que ademais das loitas que tivemos que levar a cabo con quen fixo falta para conseguir algunhas das cousas que se veñen demandando dende fai tempo, tivemos que lidiar cun trol nas nosas redes sociales. ¿Un trol? ¿iso qué é? Pois en termos de internet, un trol describe a unha persoa, normalmente con identidade oculta ou falsa, que publica mensaxes provocadores, basados en mentiras, coa intención de molestar ou provocar unha resposta emocional negativa nos usuarios para que deixen de usar dita rede social por pasar a convertirse nun sitio incómodo en vez de útil. Se queredes ver mais información sobre o que significa este término, o podedes ver aquí: https://es.m.wikipedia.org/wiki/Trol_(Internet)

Pois ven, estos seres acaban dando un traballo inútil e creando un ambiente moi lonxano do que queremos ter as nais e pais que, facendo un traballo voluntario, tratamos de conseguir cousas para os nosos fillos. Así que para evitar que este tipo de usos se poidan producir no futuro, vimos de facer un cambio na política do noso Facebook, de forma que para poder participar activamente comentando as novas, teredes que ser amigos, e ningún membro alleo ó grupo, poderá boicotear esta rede. Non vos preocupedes, pois como con o resto dos vosos amigos en Facebook, os que queirades comentar o que sexa (e vos animamos a seguilo facendo), so tedes que mandarnos unha invitación de amistade, que en canto a aceptemos, xa poderedes escribir o que queirades, tanto o bo coma o malo, coa sempre. Os que sodes seguidores vades a seguir recibindo a información coma sempre, sen facer nada mais. Só os que queirades comentar ou escribir no noso muro, tedes que ser amigos para facelo, e para elo, nós aceptaremos non só ós socios e socias, senón a persoas relacionadas coa comunidade educativa como membros do concello, colegas doutras Anpas, Asociacións afíns, monitores, mestres, etc, e incluso xente interesada sen mais no que poñemos no noso blogue, pero á que poidamos identificar cunha persoa para evitar que se nos poidan colar os chamados troles que aproveitan o seu anonimato para reventar unha rede social. Nos reservaremos, coma en calqueira grupo de Facebook, o dereito de admisión coma amigo, que só se perderá no caso dun uso indebido ou con malas formas nas conversas que se leven a cabo no mesmo. Se tedes calquera consulta, non tedes mais que contactar con nós por calquera dos medios que tedes á vosa disposición (oficina, tfno ou no correo anpa.vilaboa@gmail.com), pero xa veredes como por este tema non será necesario.

Seguiremos traballando en ir facendo pequenas melloras, e vos seguiremos informando. Bicos para todos, e agardamos que estedes disfrutando das vacacións, que pronto estaremos de volta, e agardamos facelo con varias boas novas.

Advertisements

URXE: DOAZÓN DE SANGUE ESTE VERÁN EN CULLEREDO

Vos informamos da seguinte información que nos fixo chegar hoxe mesmo o Concello. Trátase dunha campaña que levan a cabo en colaboración co Centro de Transfusión de Galicia este verán:

– Cartel coa información sobre os días de desenvolvemento da campaña de doazón de sangue en Culleredo. Descarga aquí

– Documento “A doazón de sangue paso a paso” con información sobre a doazón de sangue e o procesamiento e utilidade dos compoñentes sanguíneos. Descarga aquí

– Documento “Requisitos para doar sangue” con información para coñecer quén pode realizar este acto solidario. Descarga aquí

– Video informativo sobre a doazón de sangue en Galicia: https://www.youtube.com/watch?v=ONAx5Aor2JI

O novo CEIP de Culleredo non estará para o inicio do curso 2017/2018

Como xa se anticipaba dende este blog fai tempo, todo segue a indicar que o novo CEIP non estará para o curso 2017/2018 como se veu dicindo dende a Xunta nos medios. Aquí vos deixamos duas novas recentes sobre elo:

La Xunta licita por 4,5 millones de euros el nuevo colegio de Culleredo:
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2016/07/16/culleredo-exige-agilizar-obra-colegio/1089243.html?utm_source=rss

Culleredo exige agilizar la obra del colegio y ofrecer Bachillerato artístico en la Laboral:
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2016/07/16/culleredo-exige-agilizar-obra-colegio/1089243.html?utm_source=rss

Xunta e librarías facilitan ás familias á compra de libros

A páxina web http://www.librarias.org/reservadelibros e unha aplicación de teléfono móbil facilitarán, a través dos establecementos asociados á Federación de Librarías de Galicia, a reserva dos libros de texto para todos os ciclos de Educación Infantil, Primaria, Especial e Secundaria Obligatoria dos colexios da Comunidade galega. Deste xeito, as familias poderán reservar os libros para o próximo curso sen necesidade de acudir ao establecemento.

Podedes ver esta información en detalle no enlace: http://amtega.xunta.gal/actualidade/novas/2016-07-14-xunta-colabora-librarias-facilitar-familias-compra-libros-texto-telefono-mobil.html?__locale=gl

Benvida as nais e pais dos novos nen@s no colexio

Como xa fixemos o ano pasado nada mais aterrar na directiva da ANPA, solicitamos á dirección do colexio poder estar presentes nas charlas de acollida ás novas familias que comezarán no curso que ven no noso centro. Nos deron a oportunidade de facerlles chegar a información das actividades e funcións que se encarga de realiza-la ANPA no centro, así como de asistir a dita reunión de acollida, celebrada non centro o pasado 29 de xuño, e na que se puido facer unha breve presentación do que se veu facendo no curso xa rematado, así como algunhas das cousas que se teñen pensado facer no que ven. Algunhas familias xa se deron de alta como socias alí mesmo, e ó resto agardamos velas ó inicio do curso, pois como vos decimos sempre, o que poidamos facer para axudar @s nos@s nen@s na súa educación, dependerá en gran medida da participación activa das familias no centro, onde a ANPA e o órgano de representación das mesmas.

Sede tod@s benvid@s, e nos vemos en setembro 😉

Resumo da reunión co persoal do comedor e centro

Como vos contamos na última reunión de socios do pasado día 20, ó rematar a mesma tivemos outra reunión para a que convocamos ó persoal do comedor e ó director do centro.

Aquí vos deixamos o resumo dos puntos tratados na mesma entre as 7 asistentes do persoal do comedor, 3 da ANPA e o director:

1) O persoal do comedor quiso expresar o seu sentir sobre o que aconteceu neste curso en relación ó servizo de comedor. Para elo prepararon un escrito que nos leron ós presentes na reunión e para o cal, tras entender o seu punto de vista e eles entender o das familias representadas pola Anpa, lles suxerimos que no lo enviaran para publicar no noso blogue e que todos poideran entender o seu parecer. Finalmente declinaron a invitación a publicalo porque non todo o contido era unánime entre elas, e o seu obxectivo inicial era tratalo con nos na reunión.

Neste punto, destacamos que houbo novamente entendemento, como o que se veu tratando de buscar dende o inicio dos incidentes do comedor durante o curso, onde o escrito presentado dende o consello escolar se fixo tras manter unha reunión entre o centro, o persoal e a propia Anpa, promotora de dita iniciativa coordinada.

2) Sobre o obxectivo de tratar as propostas organizativas para o uso dos novos espacios, se acordou o seguinte:
– o persoal fixo unhas observacións sobre o plano da obra, e finalmente tras comentalas cos presentes, trasladará unha delas ó director para que a poidan ter en conta de cara á obra. Trátase dunha pequena modificación na ventana que une os dous espazos (o actual co novo), dende a cociña actual, para ter un soporte estilo pasapratos

– sobre o procedemento para o uso dos novos espacios, acordouse que este procedemento o revisarán primeiramente o persoal e o director do centro, por ser os encargados de facelo, e que no lo comunicarán á Anpa antes do inicio do curso que ven, no mes de setembro, para poder informar ás familias na primeira reunión do vindeiro curso

3) Se fixo un inciso para mostrar o malestar do persoal do comedor pola publicación nun medio de comunicación de certos comentarios en relación ó asunto do roubo dunha mochila. Acordouse aclarar ditos comentarios entre a persona coa que contactaron dende dito medio, e en todo caso, no escrito anteriormente mencionado sobre o sentir do persoal do comedor e que a Anpa invitou a publicar no seu blogue, quedou recollido este punto tamén. Tamén se solicitou a axuda da ANPA para a mellora dos procedementos, sendo ofrecida a nosa axuda no que nos soliciten para tratalo no curso que ven

4) Sobre que as nais e pais poidan entrar ó comedor puntualmente, houbo un longo debate. Dende o punto de vista da ANPA, recollimos a preocupación das familias polos graves incidentes dese curso, e as visitas as entendemos como algo que non debería enfocarse como unha inspección, senón como un exercicio de transparencia cos que temos os fillos alí, pois non entendemos que haxa nada que esconder. Dende logo os representantes das familias tampouco queremos ter un papel de inspectores en nada no que nin temos a obriga, nin o tempo, nin a competencia. Por elo acordouse, nun
ambiente de intercambio de opinións educado e útil, e entendendo cada parte á outra, que para o inicio do curso que ven non se seguiría con estas visitas dende os membros da Anpa, e que, mentras non haxa ningún cambio normativo ó respecto, serían os membros do consello escolar os que poderán acceder ó comedor

Aínda que seguiremos traballando durante o verán para preparar o curso que ven, e manteremos algunhas reunións con monitores, a dirección do centro, as institucións, etc, con esta publicación podemos poñer o punto e final ó traballo realizado englobado no curso 2015/2016, e dende este momento xa estaremos centrados no curso que ven. Vos dexesamos unhas felices vacacións, e nos vemos de novo en setembro.