Carta aberta CEAPA sobre a campaña polos deberes escolares

Estimadas familias.

Xuntamos no arquivo que podes descargar aquí a carta asinada polo presidente de CEAPA, que recolle a explicación de porque debemos facer unha reflexión sobre os deberes que teñen que facer os noso fillos/as na casa despois do horario lectivo.

Pretendemos que todos sexamos conscientes da realidade que presenciamos e,
en moitos casos, padecemos.

Vos deixamos un link onde se trata mais sobre a campaña , entre outros temas do inicio deste curso:

https://www.ceapa.es/content/ceapa-presenta-los-datos-de-inicio-de-curso-escolar-2016-17-y-la-campaña-en-la-escuela-falta

Saúdos

Listado actividades

Ola, esta tarde deixamos no tablón de anuncios o listado das actividades extraescolares para este curso 2016/2017, dicirvos que por motivos de protección de datos non podemos adxuntar aquí eses listados. Do que si vos podemos informar é de cales non saen polo momento por non acadar o mínimo de alumnos que pedían os monitores:

  • Ballet
  • Cociña II A
  • Inglés I B
  • Inglés II A
  • Inglés II B
  • Iniciación francés
  • Nenoos (mini, junior e master)
  • Teatro I
  • Xadrez

Todos deste grupos, aínda que non sairon seguen abertos e de acadarse o mínimo poderíanse abrir.

– Houbo un cambio de horario no grupo de Inglés Trinity, ofertouse un grupo os luns e xoves e non se acadou o mínimo, en cambio varios pais demostraron interese por formar grupo o martes e xoves. Agora mesmo hai 3 nenos que quedan fora deste grupo (entran os 15 primeiros), se houbese mais nenos interesados (polo menos 3 máis) poderíase ver a opción de abrir un segundo grupo os martes e xoves de 16.00 a 17.00

– Breakdance unificouse quedando un único grupo os venres de 16.00 a 17.00

– Debido á demanda de Cociña I, houbo que abrir un segundo grupo, quedando Cociña IA os mércores de 16.00 a 17.00 e Cociña IB os mércores de 17.00 a 18.00. Aínda hai prazas nestes grupos.

As actividades nas que están admitidos todos os nenos e nenas que se inscribiron son:

  • Baile I
  • Baile II
  • Baloncesto
  • Breakdance I e II
  • Capoeira I e II
  • Cociña I A
  • Cociña I B
  • Cociña II B
  • Judo I
  • Judo II
  • Natación
  • Taller de arte I
  • Taller de arte II
  • Teatro II
  • Ponte o día
  • Predeporte

 

 

NOTA DE PRENSA SOBRE A REUNIÓN DE CEAPA CO MINISTRO

Como seguramente ouvistes nos informativos, o pasado luns o ministro de educación en funcións iniciaba unha rolda de entrevistas con representantes dos sectores da Comunidade Educativa para, segundo eles, iniciar un proceso que derive nun pacto de Estado pola Educación. Pois ben, efectivamente a CEAPA (a Confederación española de APAS de Centros Públicos á que pertence a FEDAPA e por tanto tamén a nosa ANPA) foi a primeira organización coa que se reuniu; por iso enviámosvos resumo desa reunión recollido tamén en rolda de prensa. Podedes descargala aquí.

Saúdos,

Cursos de natación 2016-2017

O Concello de Culleredo e o Club de Natación As Mariñas lanzan convocan os cursos de natación en idade escolar para a nova tempada. Están dirixidos a nenos dos 3 aos 15 anos de idade e comprenderán entre os meses de outubro e xuño.
Os cursos realizaranse nas piscinas do Parque Acuático de Acea de Ama e do complexo deportivo Rialta. Haberá un total de catro grupos, en diferentes días e horarios. Cada grupo contará con niveis de iniciación, medio e perfeccionamento.
A inscrición poderase formalizar do 15 ao 30 de setembro no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas.

Recordatorio demostración actividades

Este luns 19 comezan as demostracións das actividades e tamén é o primeiro día no que podedes darvos de alta nas mismas.

O calendario das demostracións:

 

LUNS 19

MARTES 20

MÉRCORES 21

XOVES 22

VENRES 23

16:00

17:00

TALLER DE ARTE

NENOOS

COCIÑA I

TEATRO

XADREZ

INICIACIÓN Ó FRANCÉS

INGLÉS/TRINITY

 CAPOEIRA

 

BREAKDANCE 

17:00 18:00

BALLET

ROBÓTICA

COCIÑA II

PREDEPORTE

BALONCESTO

TALLER DE ARTE

As clases son impartidas pola mesma empresa que o ano pasado ARTE MATRIZ .

INICIACIÓN O FRANCÉS

Este pensamos en ofertar a actividade para que os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º se vaian familiarizando co idioma xa que no instituto é probable que teñan esta asignatura. As clases som impartidas por Alianza Francesa

BALLET

Algúns pais e nais nos suxeriron incluir ballet entre as actividades propostas, e nos puxemos en contacto con Bárbara, profesora da academia Crossbody (que da clases de baile no noso colexio), que será a encargada de impartir as clases.

NENOOS

No noso calendario seguimos coa actividade de Nenoos, que nos virán a falar do seu método educativo integral e sobre o que vos podedes ir informando na súa web aquí.

INGLÉS/TRINITY

Debido a que a empresa do ano pasado non podía continuar impartindo as clases, tocounos buscar outra empresa durante o verán. Puxémonos en contacto con Activa e serán os encargados de impartir a actividade. O grupo de Inglés Trinity está enfocado a preparar os nenos e nenas para a obtención do certificado Triniy College London.

ROBÓTICA

Neste caso unhas nais foron as que nos deron o contacto da empresa Tech Academy, despois de falar coa responsable pareceunos unha actividade interesante que complementa moi ben ás actuáis actividades, e que ademais é moi demandada por varias familias como demostra a moda de virse engadindo na oferta de varios centros. Copiamos aquí algúns enlaces de diarios de gran tirada onde se fala da introducción da programación e robótica nas aulas como algo cada vez mais necesario:

http://www.genbeta.com/a-fondo/programacion-y-educacion-que-paises-la-tienen-en-su-plan-de-estudios
http://www.eldiario.es/turing/Ninos-programadores-ensenanza-programacion-escuelas_0_293970921.html
http://www.elmundo.es/madrid/2015/09/02/55e62d89e2704efc378b45aa.html

COCIÑA

Despois do éxito desta actividade, seguimos coa mesma empresa Os Pitiños

CAPOEIRA

Uns dos clásicos do colexio, que continúa cos mesmos profesores para impartir a danza cultural na que tan ben o pasan os nen@s.

TEATRO

Actividade impartida  pola compañía de teatro e danza “El Ruiseñor”, que permitirá fomentar a imaxinación, autoestima e relación social d@s nen@s.

PREDEPORTE/BALONCESTO

O Club de Baloncesto Culleredo é o que dará as clases, como xa fixo o curso pasado.

XADREZ

Volvemos a ofertar a actividade porque a pesar de que o ano pasado non foi posible formar grupo, sabemos que outros anos funcionou a actividade. O profesor será Pablo Aboy

BREAKDANCE

Outra das novas actividades propostas este ano, esperemos que sexa do voso agrado:

 

Actividades confirmadas pero que non farán demostración:

– Ponte o día: proposta pola empresa Jumpling Clay e impartida por un mestre/a titulad@ en maxisterio, para apoiar @s nen@s coas suas tarefas e aprendizaxes

– Baile, outro clásico do Cole impartida por Yuli de Crossbody. Podedes ver fotos dalgunhas actuacións máis que teñen participado @s nen@s do colexio: https://es-es.facebook.com/crossbody.estudiodedanza/

– Judo, proposta por Axiña e impartida por o “Judo club Culleredo”, ven sendo xunto a baile, unha das actividades na que mais nen@s se apuntan.