Contacontos decembro

Xa hai data para o próximo contacontos, coma sempre toda a información na web do bufolector:

http://bufolector.blogspot.com.es/2016/11/contacontos-decembro.html

ECEMBRO.jpg

Advertisements

Algunhas das obras pendentes no noso centro foron adxudicadas

O Concello de Culleredo acaba de adxudicar un paquete de obras en materia de servizos básicos e infraestruturas. En total o investimento nestas 14 actuacións superará os 620.000 euros, moitas delas coa cofinanciación da Deputación da Coruña.

As infraestruturas educativas albergarán boa parte destas obras, na decisión do goberno local de melloralas, a pesar de ser xestionadas pola Xunta de Galicia. levará a cabo a renovación de patios do CEIP Ría do Burgo, Sofía Casanova, e Isaac Díaz Pardo e Tarrío, é dicir, os catro que ten Culleredo. O investimento será en total de 135.216,57 euros.

As actuacións consistirán na ampliación, dotación de novo firme e arranxo de xogos dos parques infantís dos colexios. O goberno local programounas atendendo ás necesidades de uso dos escolares.

Outra das actuacións adxudicadas en centros educativos e deportivos é a mellora do saneamento no CEIP Sofía Casanova, Isaac Díaz Pardo e no campo de fútbol do Burgo. Neste caso adxudicouse polo prezo ofertado de 27.897,52 euros.

Podedes ver o resto da nova no enlace á web do Concello: http://www.culleredo.es/node/5799

Campamento Nadal en Pitiños

Para os que traballan no Nadal xa toca pensar qué imos facer cos nenos e nenas nas vacacións. Vos iremos informando de todos os campamentos dos que nos enteremos. Aquí vos deixamos o de Pitiños.

Pitilandia1.jpg

prezos.jpg

Ademáis do campamento tamén están a preparar unha festa de Papa Noel o 23 de decembro:

pitifesta.jpg

Campamento urbano de Nadal 2016

20161120_campamentos_nadal.jpg

O Concello de Culleredo organiza un ano máis un campamento urbano de Nadal, para propoñer unha alternativa de ocio educativo nas vacacións escolares. O prazo de matrícula comprenderá entre o 1 e o 13 de decembro.

O campamento vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade. Desenvolverase entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro, agás sábados, domingos e festivos, no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.

diptico_campamento_nadal_2016