Viaxe a Madrid 2017 de 6º de Primaria

Entre o 7 e o 10 de abril de 2017, o alumnado de 6º de Educación Primaria realizará a xa tradicional viaxe a Madrid. Podedes ver mais información sobre a viaxe na nova publicada ó respecto na web do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsofiacasanova/node/394

Advertisements

Moita actividade artística no blogue do bufolector

Xa temos incluido algunha referencia a este blog, que cada vez é mais popular no noso centro, e non é para menos, pois se tedes a oportunidade de visitar ás últimas entradas, veredes as capacidades artísticas dos nen@s do Sofia Casanova, e as numerosas actividades que @s mestres do centro traballan con eles.

O dito, a nosa sinceira noraboa para os protagonistas do blogue, e a vos familias que nos ledes, pasade de vez en cando por aquí: http://bufolector.blogspot.com.es, e veredes que non estamos a esaxerar.

Actualización pendente sobre as obras no colexio

O pasado 22 de xaneiro publicamos o seguinte post no blogue:

Renovación parque infantil e revisión do estado doutras melloras pendentes

E o actualizamos o 5 de febreiro coas novidades sobre o parque de infantil, que xa comenzaban, e as obras do pabellón, que se deixaban para comezar o 26 de xuño:

Actualización sobre as obras no colexio

Pero nos quedaba pendente nesa actualización, a confirmación da inclusión nos orzamentos do Concello, das propostas feitas polo ANPA Vilaboa mediante o procedemento de Participación Cidadá, das que vos lembramos o texto íntegro redactado na nosa solicitude:

– a reparación dos adoquines da escaleira que da acceso ó Colexio Sofía Casanova pola parte de atrás, mais o engadido dun pasamáns que ofrecería mais seguridade ós usuarios das mesmas, moitas veces nenos e terceira idade

– na entrada principal, a reparación dos primeiros metros da beirarúa, que provocan que cando chove se inunde e como consecuencia, moitas familias utilicen a porta pola que entran os coches e autobuses. Ademáis, se propón poñer, nese pequeno tramo soamente, unha pequena cerca que evite que os nenos pasen xusto onde está o portal hacia o carril dos autobuses. Esta sería unha pequena obra pero que de seguro evitaría posibles futuras desgracias polo risco que ten que os nenos pasen por alí no momento da entrada na que tamén están na zona coches e autobuses escolares. O mesmo problema coas inundacións sucede na entrada traseira do colexio na que se propón facer o mesmo, sin a necesidade da cerca neste caso

O non ter acta oficial da reunión do Consello Sectorial onde se trataron estas propostas, e tras ver que no BOP se publicaban os orzamentos sen facer referencia explícita ás nosas propostas, fixemos un escrito ó Alcalde de Culleredo, quen xa nos respostou explicando en que partidas orzamentarias estaban incluidas, e o motivo polo que non aparecían explícitamente na publicación no BOP. Así que polo tanto, xa vos podemos dar confirmación de que as duas propostas se levarán a cabo neste curso 2017, e de feito, tamén nos informaron de que xa estiveron técnicos do Concello revisando a entrada do colexio para poder solucionar o problema das acumulacións de auga cando chove.

Agardamos por tanto que se leven a cabo para pechar así outras das demandas que levamos facendo as familias do centro dende algún tempo.

Concerto didáctico: “HISTORIAS DO MAR”

O centro nos informa tamén doutra saída dos nenos e nenas de 1°, 2°, 3°, 4° e 5° de Primaria:

Concerto didáctico: “HISTORIAS DO MAR”.

Saída ás 11.15 horas e regreso a eso das 13.40 horas.
Custo da saída 5 € (3€ bus e 2€ entrada)

Día 21 de febreiro:
1º, 2º e 3º de E. Primaria

Día 23 de febreiro:
4º e 5º de E. Primaria.