Mañá ao longo da mañá publicaranse no taboleiro do colexio as listas de alumnos admitidos nas actividades extraescolares.
Hai actividades que non chegaron a mínimos polo que non se poden realizar, de todas as maneiras ata o mércores 27 de setembro os alumnos que se vexan afectados por non saír a actividade á que se anotaron poden recolocarse noutra, así as listas definitivas sairán publicadas o xoves 28 de setembro.
Deberán pasar pola oficina para formalizar o cambio cubrindo a folla de alta en actividades, coa nova actividade á que queren inscribirse, deixala no buzón ou enviar un correo electrónico, se non dispoñen dunha facilitaráselles na oficina pero o cambio deberá relizarse por escrito con todos os datos do alumno e do socio.
Con respecto a os pagos lembrar que é imprescindible nomear no concepto da transferencia o nome e apelidos do nen@ e realizalos a primeira semana de Outubro, Xaneiro e Abril; se non se realiza o pago nas devanditas datas provocará a baixa inmediata na actividade.
Por último recordar ós socios que deben incorporar na alta ou renovación a todos os fill@s que cursan estudos no colexio aínda que non realicen actividades xa que se queren realizar un taller, recibir o agasallo de socio ou acudir á festa de fin de curso é imprescindible que consten na ficha de socio.
Se vos esquecestes de incorporalos podedes pasar pola oficina ou enviar un correo a anpa.vilaboa@gmail.com co nome de socio e os fill@s que cursan estudos no colexio.