Asóciate

A cota de socio será de 20€ anuais, nun único pago que será realizado por ingreso ou transferencia bancaria:

Concepto: SOCIO 2018 “nome de socio”.

Número de conta: ES58-2080-0065-3430-4000-2920

O xustificante deste ingreso e o carné de socio antigo, no seu caso, será presentado xunto coa ficha de alta na oficina do ANPA.

DESCARGA DA FICHA DE INSCRICIÓN E/OU ALTA:

https://anpavilaboa.wordpress.com/descargas/

INSCRICIÓN DE ACTIVIDADES: a partires do 4 de xuño ata o 7 de xuño, ambos os dous incluídos, na oficina do ANPA. As listas das actividades cos nomes dos nen@s admitid@s publicaranse no taboleiro de anuncios o 11 de xuño. O luns 11 e o martes 12, de 17:00 a 18:00 h, atenderemos aos socios para realizar os axustes e modificacións necesarios para formar grupos, e publicaremos no taboleiro as listas definitivas o xoves 14 de xuño.

Horario ampliado ANPA no prazo de inscrición:    Luns a xoves de 17:00 a 18:00 h

Martes e xoves de 9:00 a 10:00 h

Os pais e nais de nov@ alumn@s de 3 anos poderán inscribirse en actividades na primeira semana lectiva do curso, no horario habitual da oficina do ANPA (martes de 9:00 a 10:00 h, xoves de 17:00 a 18:00 h).

Un dos nosos obxectivos é que todas as familias do colexio sexan socias da ANPA, e non só as dos nenos e nenas que van a actividades.

É moi importante destacar que a ANPA é o órgano de representación de pais e nais na comunidade escolar, e a participación de todos os membros é necesaria para o beneficio dos nosos fillos e de nos mesmos. A forza que podamos ter para conseguir calquera obxectivo que teñamos pasa pola involucración de todas ás familias, pois como imaxinades, non é o mesmo representar a 100 que a 600, e con pouco de moitos faremos moito máis por todos que con moito de poucos.

Non obstante, por si a mensaxe anterior non é suficiente ;-), queremos invitarvos a que nos enviedes ideas para poder poñer en valor o feito de ser socio da ANPA. Como sabedes, a nosa idea foi volver a ter o carné de socio, para que con él, ademais de ter descontos nas actividades, poidamos ter algunhas vantaxes máis en compras, festas, sorteos, excursións e todo tipo de actividades que valoredes positivamente como para facerse socio sen pensalo. Nos xa estivemos traballando nalgunhas ideas que vos fumos contando, pero ó igual que noutros casos, é fundamental a vosa participación.

Actuais vantaxes engadidas para os socios:

  • Desconto nas actividades extraescolares
  • Seguro accidentes actividades extraescolares gratuito
  • Talleres e cursos gratuitos organizados polo ANPA
  • Desconto no servizo de almorzos e permanencia
  • Entrada gratuita á festa de fin de curso con merenda incluida
  • Regalo fin de curso para os nenos
  • Desconto dun 5% en compras na libraría Piedra, Papel, Tijeras presentando o carné de socio vixente (Rúa Andrés Pan Viero, 12 baixo – O Burgo).
  • Promoción especial para uniformes en Darcos (ver máis abaixo).
  • Desconto dun 5% en libros e un 10% en material escolar na libraría Entrecontos presentando o carné de socio vixente (Rúa Sanjurjo de Carricarte, 6 – O Burgo).

piedra papelDESCONTOS PARA MEMBROS DA ANPA

 

precios_uniforme2018 (1)-001

Agardamos que esta lista vaia medrando ó longo dos cursos…

Advertisements

3 comentarios en “Asóciate

  1. Pingback: Promoción 10% desconto en sneakers socios ANPA | anpa vilaboa

  2. Pingback: Promoción 10% desconto en Arco da Vella para @s soci@s da ANPA | anpa vilaboa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s