AVISOS PARA OS USUARIOS DOS SERVIZOS DE ALMORZO E PERMANENCIA

Recordamos algunhas normas do funcionamento destes servizos, que se están vendo incumpridas por algúns dos usuarios, e que, neste estrano curso, coas medidas que temos que adoptar, resultan de moita importancia:
O horario do servizo de almorzo é de 7:15 a 9:00 horas. Os nenos deberán estar no centro antes das 8:15.
O horario do servizo de permanencia é de 8:30 a 9:00 horas. Exíxese puntualidade na hora de entrada, que é as 8:30.
Os usuarios esporádicos deberán avisar da asistencia o antes que sexa posible, e nunca máis tarde das 18:00 horas do día anterior (poderase facer algunha excepción, pero únicamente por causas xustificadas). Unha vez dado o aviso da asistencia, cobraráselles a cota, independentemente de que asistan ou non.
Grazas pola vosa colaboracion